As Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia non conseguen apoios para incrementar as súas actividades

Crecemento cero

7/7/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Consellaría de Cultura fixo pública onte a súa negativa a incrementar a achega económica que realiza anualmente ás Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia (Xociviga) que cumpren este ano a súa vixésimo primeira edición no Carballiño. Deste xeito, a organización conta cun orzamento final de dezaoito mil euros, que reparten a Consellaría e o Concello. O programa previsto para a primeira semana de agosto, que precisaba de sesenta mil euros para o seu desenvolvemento e incluía entre outras propostas un obradoiro de imaxe verase seriamente recortado pola falta de financiamento.

Máis información en La Región; en La Voz de Galicia e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xociviga, La Voz de Galicia, La Región...