As Xociviga do Carballiño e Petín un pobo de cine continúan os encontros cinematográficos do verán

Encontros de pantalla

28/7/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Cun programa recortado por eivas no orzamento e cunha temática centrada na Revolución dos Cravos, as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia chegan a partir do seis de agosto á súa vixésimo primeira edición no Carballiño. Entre outras propostas o programa inclúe a proxección de diferentes filmes galegos e portugueses. Unha semana antes, o veneres trinta de xullo, comeza a sexta edición de Petín, un pobo de cine. Neste encontro analizaranse os problemas de distribución que dificultan a chegada de determinados filmes a todas as pantallas e proxectaranse películas que non chegan á vila polos circuítos habituais.

Máis información sobre as Xociviga en La Voz de Galicia; e nos nosos arquivos; sobre o encontro de Petín no web da AGAPI

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xociviga, Carballiño, AGAPI...