Coñécense as axudas públicas á organización de festivais de cine mentres arrincan as Xociviga no Carballiño

Festas de cine

31/7/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A Dirección Xeral de comunicación Audiovisual acaba de facer públicas as axudas a organización de festivais de cine no noso país, segundo informaba esta fin de semana "La Región". Segundo estas axudas, o Festival de Ourense verá reducida a axuda pública en 20.000 euros, quedándose cun subsidio de 70.000. Ao tempo, Cineuropa, en Compostela, contará cun apoio de 75.000 euros. Esta nova chéganos ao tempo que se anuncia a posta en marcha da veteranas Xornadas de Cine e Video de Galicia (Xociviga), que se celebran a partir de mañá no Carballiño.

Máis información sobre as axudas aos festivais en La Región ; sobre as Xociviga en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xociviga, Carballiño, La Región...