Hoxe, primeiro de agosto, comezan as vacacións para moitos, e tamén o inicio de numerosos festivais cinematográficos. Por orde de antigüidade comezamos en Carballiño, onde a actriz Isabel Blanco será a invitada especial do acto inaugural (Auditorio, 22:30 horas coa proxección “Un franco, 14 pesetas”). Seguimos en Ribadeo, onde ten lugar a segunda edición de “On & Off”, o festival de curtametraxes que organiza o concello e a produtora Mr Misto, que contará cunha sección oficial de proxeccións e unha rodaxe polas rúas da vila. Por último, o concello de Bueu proxecta esta noite oito curtametraxes na xornada inaugural de “Centolo Films 2006” que continuará ata o vindeiro sábado.
Máis información sobre as Xociviga en La Región e na nosa hemeroteca; sobre “On & Off” no seu web e sobre “Centolo Films 2006” no web do Concello de Bueu