Coma todos os veráns, as proxeccións de cine enchen as rúas. Hoxe terá lugar unha nova sesión de CurtocircuÃto, o festival de curtametraxes de Compostela que, por mor do tempo, se traslada ao “Mercado de abastos” (de 23:00 a 03:00 horas). Seguindo co audiovisual, Bueu vén de clausurar o festival de curtas “Centolo Films” que acolleu unha rodaxe e o concurso no que gañou o traballo do buenense “A canción de Férmelin”. Na Coruña, o centro Mans acaba de inaugurar o seu espazo de gravación de proxectos audiovisuais. Seguimos na cidade herculina, onde a sala imaxinarte do Centro On de Caixa Galicia acolle unha selección de curtas creada pola compañÃa independente norteamericana Blur.
Máis información sobre CurtocircuÃto no seu web, sobre “Centolo Films” en Diario de Pontevedra, sobre Imaxinarte de Caixa Galicia no seu web e sobre o espazo de proxectos audiovisuais en La Opinión