A nova edición Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago de Compostela, “CurtocircuÃto 2006” quenta motores. O primeiro paso foi o convenio que asinaron o alcalde compostelá, Xosé Sánchez Bugallo, e o director da CRTVG, Benigno Sánchez, polo que a TVG emitirá e comprará os dereitos de emisión das curtametraxes que resulten gañadoras. Malia que o evento terá lugar do 17 ao 21 de outubro, as actividades comezarán moito antes, no mes de xullo, coa proxeccións dos traballos nas rúas do casco vello de Santiago.
Máis información no web Curtocircuito e na nosa hemeroteca