Santiago acollerá a segunda edición do seu festival de curtametraxes en outubro

Curtocircuíto 2.0

2/5/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Do 18 ao 22 de outubro, Santiago terá unha nova cita coas curtametraxes. É a data na que se celebrará a segunda edición de Curtocircuíto, aínda que o evento comezará a desenvolverse desde o mes de xullo nas prazas e rúas de Compostela. O obxectivo de certame segue a ser o mesmo: promover a imaxe da cidade mentres se estimula a industria cinematográfica e audiovisual local. Entre as novidades do evento que avanzou a entidade organizadora, a Compostela Film Comission, destaca que acadará unha dimensión internacional coa participación de xente doutras partes do mundo.

Máis información no web de Santiago Turismo

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Curtocircuíto, Turismo, Santiago de Compostela

Claves

Entidades
Conceptos