As últimas producións audiovisuais centrarán as XXII Xociviga do Carballiño

A cita co cine e co vídeo

13/7/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

As Xornadas de Cine e Vídeo en Galicia, máis antigas, as Xociviga, xa teñen perfilado o cartel. Do 12 ao 19 de agosto, Carballiño acollerá un amplo programa de actividades que vai desde cine galego, portugués, infantil, os traballos da Escola Galega de Cine e a Escola de Imaxe e Son, ademais das seccións documentalia, as televisións locais e nas reunións do sector. Entre as novidades destaca “Eurocinema. Ver e facer” no que as Xociviga participan en colaboración con outros festivais internacionais e “o cine como espectáculo” no que se emitirán as montaxes audiovisuais “Rodado en Galicia”, baseado no libro realizado por Miguelanxo Fernández, e “O Carballiño, recuperando a imaxe” que está elaborando TVE en colaboración co equipo das Xociviga.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xociviga, Carballiño, Portugués...