A Consellería de Cultura apoiará economicamente a nova edición das Xociviga

Apoio sen fundación

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Onte falabamos de que esta edición anual das Xociviga, as Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia, volvería ser organizada polo Concello do Carballiño. Esta opción foi adoptada logo de que non prosperase a de converterse en fundación, tal e como se pensara o ano anterior. Unhas xornadas que volverán ter o apoio económico da Consellería de Cultura, que achegará 6000 euros. E non só iso, senón que tamén levará a cabo actividades conxuntas como “a proxección e promoción do programa Curtas 03, o desenvolvemento do programa Audiovisual nas aulas nesta vila ourensá ou a intermediación co Festival Internacional de Cine de Ourense”.

Consulta a nota de prensa enviada pola Consellería de Cultura (.pdf) e o noso tema do día sobre as Xociviga

Que che parece esta nova?
26 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xociviga, Consellería de Cultura, Cine, Culturagalega...