As Xociviga pechan as súas xornadas de transición entregando os seus premios

Premios con corda

12/8/2002 | Santiago.Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
A 19 edición das Xornadas de Cine e Vídeo de Galicia conclueu entregando os seus premios. Uns galardóns promovidos pola Federación Galega de Cine Clubs e que lle outorgou ó coruñés Carlos Luis Oro Claro e ó seu "Iluminado", o primeiro premio (1.800 euros máis 6.000 do Festival de Cine de Ourense para a producción). O segundo premio (dotado con 1.200 euros) foi para o portugués José Miguel Martins Moreira e o seu "O caso do Penálti forçado". E no apartado de curtametraxes Ricardo Llovo e o seu "Xinetes na tormenta" levaron os 3.000 euros do premio. E para rematar, Miguel Anxo Fernández foi o vencedor dos 3.000 euros da quinta edición do"Chano Piñeiro" polo seu libro "A Bela Otero, star pioneira do cine mundial".

Máis información no noso tema do día sobre as Xociviga

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Xociviga, Miguel Anxo Fernández, Chano Piñeiro...