O Festival de Cine de Ourense crea un premio para a dirección de documentais

Ourense entra no documental

27/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O documental ten cada vez un maior protagonismo no noso país. Creouse un festival dedicado a este xénero (Play Doc) e os diferentes eventos foron abrindo seccións para acoller producións deste tipo. O festival de Cine de Ourense, que se celebra do 4 ao 11 de novembro na cidade das Burgas non é alleo a esta situación e acaba de crear un premio (dotado con 1.000 euros) para galardoar a dirección de documentais. Así, o palmarés do festival ten dous premios para os documentarios, seis para curtametraxes e nove para longametraxes cunha contía que supera os 50.000 euros.

Máis información en La Voz de Galicia e sobre o festival na nosa hemeroteca

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Cine, Documentais, Festival de Cine de Ourense...