A cinta producida por Voz Audiovisual e Matriuska “De bares”, dirixida por Mario Iglesias, é a única produción galega a concurso no XII Festival de Cine Independente de Ourense. Un evento que se celebra do 4 ao 11 de novembro e que este ano conta con traballos (longas, curtas e documentais) procedentes de 40 paÃses. O Festival entregará este ano a mesma contÃa en premios que na última edición (45.500) malia que creou unha categorÃa nova, a de “Mellor director de documentais”, dotada con 10.000 euros. Entre as novidades desta edición, que viu recortada a súa achega da Xunta de Galicia en 20.000 euros, figura a creación dun ciclo dedicado ao medio ambiente. Luchinio Visconti (no centenario do seu nacemento), Juan Diego (no apartado “Memoria histórica”) e Eligio González (na sección “Cine e Emigración”).
Máis información na nosa hemeroteca sobre a programación desta edición e a creación da categorÃa de dirección de documentais e no web do Festival de Cine Independente de Ourense