Montxo Armendáriz e Cuba son os protagonistas na 8 edición do Festival de Cine de Ourense

En cartel

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Máis cine en Ourense. A programación da oitava edición do Festival de Cine Independente conta con máis proxeccións na sección oficial que nas mostras anteriores: 10 longametraxes optarán á Gran Calpurnia (dotada 12.000 euros); 51 curtametraxes (dos que 31 son galegos debido á inclusión do programa Curtas 03 na programación) tentarán acadar os 3.500 euros correspondentes á súa categoría, o premio Canal + (que consiste en marcar os dereitos de emisión a 120 euros/minuto) ou o premio Eixo Atlántico, que ten unha contía de 1500 euros. O apartado dos galardóns complétase coa Calpurnia ao mellor director (2.000 euros), dous premios AISGE ao mellor actor e actriz (1.500 euros a cada un) e o premio do público que ascende a 1.500 euros. A programación complétase coa retrospectiva a Montxo Armendáriz e un ciclo de cine cubano.

Máis información en Cine por la red e no web do Festival

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Montxo Armendáriz, Cuba, Calpurnia...