A Xunta de Galicia acaba de seleccionar a proposta 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' como gañadora do Concurso de Intervencións ArtÃsticas nos espazos exteriores do Gaiás, convocado entre os e as participantes no XV Encontro de Artistas Novos, EAN15. Presentado polo deseñador e creador visual Diego Lara (Madrid, 1993), este proxecto intervén sobre a lagoa do XardÃn Literario da Cidade da Cultura, deseñando dúas illas flotantes circulares e apostando pola madeira de castiñeiro como material de construción. 'A auga é un intre que aprendeu a quedar' parte dunha lectura contemporánea do territorio como unha paisaxe hÃbrida, resultado da interacción entre os sistemas naturais e a acción humana. Diego Lara deseña dúas illas circulares de 1,4 metros de diámetro, que se manteñen a flote na lagoa e, ao non estaren ancoradas ao fondo, se desprazan lentamente impulsadas polo vento. Cinguido en convocatorias anteriores ás Torres Hejduk, o certame ábrese nesta edición a outros espazos exteriores e naturais da contorna do Gaiás. Na selección da proposta gañadora, en liña cos obxectivos da Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia, valoráronse especialmente cuestións como a sustentabilidade, a accesibilidade ou a acción social na concepción e desenvolvemento da proposta.
As estruturas estarán realizadas en madeira laminada de castiñeiro, ensamblada segundo técnicas tradicionais de carpinterÃa náutica. O artista aposta asà por un material que está historicamente vencellado á arquitectura popular e á construción naval galega, representando un recurso sostible e un sÃmbolo de identidade da nosa paisaxe rural. Ademais do seu valor cultural, o castiñeiro destaca pola súa resistencia á humidade e baixa densidade, calidades que o converten nun material idóneo para o uso exterior. Nesta intervención, a auga actúa tamén como axente transformador no envellecemento natural da madeira, integrando o paso do tempo como parte do proceso estético e conceptual. A intervención, que será inaugurada no verán de 2026, busca xerar un cambio de ollada, activando a conciencia sobre o territorio común como lugar de encontro, memoria e responsabilidade compartida. A través da arte proponse un diálogo entre o patrimonio natural e cultural de Galicia e os desafÃos ambientais contemporáneos, convertendo a auga, no actual contexto de crise ecolóxica, en elemento de reflexión sobre a relación entre as persoas e a contorna. A convocatoria de intervencións artÃsticas do Encontro de Artistas Novos concÃbese para impulsar o talento mozo e dar visibilidade ao traballo de creadores emerxentes, ofrecéndolles un espazo expositivo non convencional a través dunha plataforma de apoio á arte contemporánea recoñecida e consolidada como é o Encontro de Artistas Novos.