Corenta creadores participan na novena edición do Encontro de Artistas Novos Cidade da Cultura de Galicia, EAN9. O Encontro inaugurado onte promove a creación contemporánea e o intercambio de coñecemento a través dunha residencia artÃstica no Gaiás. Neste encontro participan artistas galegos pero tamén procedentes do resto de España e doutros paÃses como Colombia, RomanÃa ou Arxentina. O Conselleiro de Cultura e Turismo Román RodrÃguez resaltou durante a apertura que nesta edición o EAN forma parte da programación do Xacobeo 21 polo que o Concurso de Intervencións ArtÃsticas nas Torres Hejduk, dirixido aos participantes no Encontro, terá como eixe os camiños xacobeos e profundará na relación entre a Cidade da Cultura e o Camiño de Santiago. Ata o vindeiro xoves, os artistas emerxentes participantes no EAN9 van ter a oportunidade de darlle visibilidade ao seu traballo no xa clásico Foro Aberto, onde realizarán unha presentación centrada no seu proxecto creativo persoal, servindo de plataforma e escaparate das súas creacións. O EAN9 rematará o xoves 29 de agosto coa inauguración da proposta gañadora na edición de 2018 do Concurso de Intervencións ArtÃsticas nas Torres Hejduk, un traballo que leva por tÃtulo Stay Here, do artista sevillano Alejandro Ginés.
Artistas convidados
Facilitar o intercambio de ideas e visións sobre o mundo da arte, coñecer outros procesos creativos, dialogar e aprender da man de artistas consolidados, asà como entrar en contacto con profesionais do ámbito xornalÃstico e curatorial son as oportunidades que o EAN ofrece aos e ás artistas emerxentes. Nesta edición do Encontro contarase coa participación da artista visual Pilar AlbarracÃn (Sevilla, 1968), coñecida polas súas performances, vÃdeo-arte, debuxos, fotografÃa e instalacións interactivas; as fotógrafas e fotoxornalistas galegas Lua Ribeira (As Pontes, 1986) –que en 2018 entrou na Axencia Magnum como membro nominado– e Bandia Ribeira (As Pontes, 1980) –participando na actualidade nun proxecto visual sobre a produción intensiva de vexetais nos invernadoiros de AlmerÃa–; e o comisario e artista audiovisual Nicolás Combarro (A Coruña, 1979), director, entre outras, da premiada longametraxe documental Alberto GarcÃa-Alix. La lÃnea de sombra.
Os participantes convivirán tamén con tres observadores ou art followers, tres nomes de recoñecida traxectoria que, desde o seu traballo no eido curatorial ou do xornalismo cultural apoian os novos creadores e seguen de preto as novas tendencias da arte emerxente. Neste caso, serán o xornalista e comisario Javier DÃaz-Guardiola; o artista, comisario e conservador xefe da Fundación Granell Eduardo Valiña; e a comisaria e directora artÃstica das feiras JustMAD (Madrid) e JustLX (Lisboa) SemÃramis González.