O proxecto AAMA (Arquivo Aberto da Memoria Arquitectónica) vén de ser elixido gañador da V Convocatoria de Intervencións ArtÃsticas nas Torres Hejduk, certame organizado pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia, en colaboración coa Deputación da Coruña, e aberto a todos os participantes no VII Encontro de Artistas Novos (EAN7), entre os que se atopaba o seu artÃfice, Francisco Ramallo, profesor de Arte contemporánea en Boston University Madrid e na University of California (Davis) Madrid.
O proxecto gañador procurará reunir nas Torres Hejduk relatos sonoros dos galegos e galegas que experimentaron en primeira persoa o contacto con emblemáticos edificios agora xa non existentes como o Edificio Castromil, en Santiago de Compostela, construÃdo en 1922 e derrubado en 1974; a Fábrica de lapis de Ferrol Vello, construÃda en 1933 e derrubada en 2012; o Atlántico Hotel, na Coruña, construÃdo en 1923 e derrubado en 1967; o Convento das Adoratrices, en Ourense; ou Hotel Continental, en Vigo. Tales voces serán recollidas polos artistas galegos que pasaron polo EAN7, que exercerán de intermediarios entre as testemuñas e os seus lugares de orixe e o seu novo arquivo, levando a cabo un labor de selección de experiencias relativas aos edificios desaparecidos no territorio galego. A intervención de Francisco Ramallo inaugurarase, como é costume, o derradeiro dÃa dos VIII Encontros de Artistas Novos, que se celebrará no verán de 2018 e estará aberta tres meses, con entrada de balde.
Deste xeito, a intención do proxecto de Francisco Ramallo é que as Torres Hejduk se convertan nun novo "recipiente arquivÃstico" a medio camiño entre o metafórico e o documental, "que rescatará tales edificios (os desaparecidos) e se sumará á tarefa de conservación e difusión do conxunto da Cidade da Cultura, representado nas institucións da Biblioteca e Arquivo de Galicia".