O Consello da Cultura conmemora o 8M a reivindicar a memoria das mulleres

Biografías de figuras femininas destacadas e vinte números da revista Exeria chegan á rede

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Capa de Exeria número 1. Fonte: Consello da Cultura Galega

Capa de Exeria número 1. Fonte: Consello da Cultura Galega

A celebrar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, o Consello da Cultura Galega está a desenvolver toda unha serie de publicacións a pór en valor figuras femininas da nosa cultura. Estas propostas súmanse ao ciclo de cinema Olladas de muller, que comezou este mércores 5 en colaboración coa Filmoteca de Galicia.

Deste xeito, a entidade está a dedicar a mulleres todas as entradas do Álbum de Galicia que se realizan no mes. Nesta primeira semana publicáronse xa a biografía da activista feminista Lola Arripe Dopico e mais a entrada dedicada á coordinadora Feminista Donicela a cargo de antigas membros deste movemento.

A estas sumaranse ata abril entradas dedicadas á pintora Aurichu Pereira, á actriz e cantante Mercedes Mariño González, á condensa de Barrantes, a Julia Becerra Malvar e mais Carmen López Cortón.

En paralelo, e no marco do proxecto A Saia, que se desenvolve en colaboración co ADHUC - Teoria, Gènere, Sexualitat (antes Centre Dona i Literatura) da Universitat de Barcelona, este venres 7 chegan á rete unha vintena de números de Exeria revista da Asociación Mulleres Cristiás Galegas que se publicou entre 2004 e 2016.

Que che parece esta nova?
95 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mulleres, Exeria, Cine, Filmoteca de Galicia...