Once 'Olladas de muller' na Filmoteca de Galicia

O Consello da Cultura Galega organiza unha nova edición deste ciclo co gallo do 8M

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Imaxe de ' Prefiro condenarme' de Margarita Ledo Andión

Imaxe de ' Prefiro condenarme' de Margarita Ledo Andión

O Consello da Cultura Galega organiza, en colaboración coa Filmoteca de Galicia e con motivo do 8 de marzo, unha nova edición do ciclo "Olladas de muller", onde se xuntan tanto películas asinadas por directoras galegas como títulos actuais que reflexionan sobre a situación da muller en diferentes partes do mundo. O ciclo, aberto de balde ao público, comeza hoxe, mércores 5 de marzo, ás 18:00 horas na Filmoteca de Galicia na Coruña, coa proxección da obra 'Prefiro condenarme' de Margarita Ledo Andión e continúa até o sábado 8 de marzo coa programación das películas: Renata (1982) e 'True love' (1989) de Nancy Savoca; 'Filmei paxaros voando' (2024) de Zeltia Outeiriño; 'Elas também estiveram lá' (2021) de Joana Craveiro; 'Household Saints' (1993) de Nancy Savoca; 'As Neves' (2024) de Sonia Méndez; Vogar (2021) de Andrea de la Iglesia Piñeiro; 'Deolinda sempre traballando, sempre cantando' (2024) de Alicia López; '12 de maio de 1937' (2023) de Mar Caldas; e 'Bad Timing' (1983) de Nancy Savoca.

Que che parece esta nova?
108 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filmoteca de Galicia, Consello da Cultura Galega, Sonia Méndez, Margarita Ledo Andión...