O circuÃto de cinema galego Ciclo Mestre Mateo organizado pola Academia Galega do Audiovisual arranca a súa cuarta edición na provincia da Coruña grazas ao apoio da Deputación de Coruña. Os concellos de Betanzos, Boiro, Cedeira, Cerceda, Valdoviño e Vimianzo proxectarán as producións finalistas nas categorÃas de longametraxe e documental dos XXIII Premios Mestre Mateo. As pelÃculas que forman parte do Ciclo Mestre Mateo son as que resultan finalistas nas categorÃas de longametraxe de ficción e documental dos Premios Mestre Mateo de cada ano. Este ano forman parte do Ciclo Mestre Mateo as longametraxes 'As Neves', de Sonia Méndez; 'Xustiza artificial', de Simón Casal; Honeymoon, de Enrique Otero; '+ Cuñados', de Luis Avilés; e os documentais 'Filmei paxaros voando', de Zeltia Outeiriño; 'Salvaxe, salvaxe', de Emilio Fonseca; Aurora, de Area Erina e 'Prefiro condenarme' de Margarita Ledo.
O Ciclo Mestre Mateo, creado pola Academia Galega do Audiovisual en 2022 co apoio das deputacións provinciais, consolidouse como un proxecto clave para levar o cinema galego de calidade a vilas sen salas comerciais, creando unha rede de exhibición en centros culturais, auditorios e bibliotecas por toda Galicia. Con máis de 22.000 espectadores en tres anos, o ciclo contribúe a facer accesibles producións destacadas do audiovisual galego, superando as limitacións dos circuÃtos comerciais e reforzando o vÃnculo da cidadanÃa co seu propio cinema. Alén do territorio galego o ciclo viaxará de novo fóra das nosas fronteiras, aos centros culturais das comunidades galegas do exterior, contando co apoio da SecretarÃa Xeral de Emigración. Oito entidades galegas de América, Europa e o resto de España serán os lugares onde se poderán visualizar de xuño a novembro os filmes finalistas das categorÃas de mellor longametraxe de ficción e mellor longametraxe documental dos Premios Mestre Mateo: Castelló; Barcelona; Burgos; Zaragoza; Bruxelas; Córdoba (Arxentina); Montevideo (Uruguai); Santo Domingo (República Dominicana).