A nova edición do ciclo Olladas de Muller, organizado polo Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI-Filmoteca de Galicia) en colaboración co Consello da Cultura Galega abre este venres na Coruña coa preestrea en sala do filme Nación, da directora Margarita Ledo Andión. Dentro deste ciclo enmarcado no DÃa Internacional da Muller, proxectaranse ata o 12 de marzo seis filmes de diferentes nacionalidades feitos por e sobre mulleres. Será a propia autora e membro da Real Academia Galega quen presente a pelÃcula de apertura o venres ás 19,00 h. na sede do CGAI e protagonice o coloquio posterior. Nación é un relato que usa imaxes de arquivo, testemuñas, reconstrucións ficcionadas e elementos da cultura popular para contar a historia das galegas traballadoras da fábrica de porcelanas Pontesa, que converteron a factorÃa nun referente para a reivindicación dos dereitos femininos. No seu percorrido por festivais acadou o Premio Especial á mellor dirección de pelÃcula española no Festival de Cine europeo de Sevilla en 2020. Ten prevista a súa estrea en cines comerciais o 26 deste mes.
Asemade do filme dirixido por Ledo AndÃón, o ciclo continuará as seguintes xornadas con Cen anos entre tres reinos, de Alicia López Méndez e Xabier López RodrÃguez; A media voz>. das directoras cubanas Patricia Pérez e Heidi Hassan; a preestrea de A metamorfose dos pássaros, documental da portuguesa Catarina Vasconcelos; Beginning, ópera prima da xeorxiana Dea Kulumbegashvili que gañou a Concha de Oro do pasado Festival de San Sebastián con esta historia da insatisfacción interior da esposa do lÃder dunha comunidade de testemuñas de Xehová no marco do conflito ocasionado polo ataque dun grupo extremista. Finalmente o documental da francesa Sébastien Lifshitz Una niña (Petite fille) pecha o conxunto de exhibicións centradas nas mulleres e esta edición do ciclo.