A nova edición do ciclo Olladas de Muller atende ao cinema desde a emigración

Celébrase no Quiosco Alfonso da Coruña entre o 11 de marzo e o 5 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: AudiovisualSociedadeEspectáculos
Compartir:
A nova edición do ciclo Olladas de Muller atende ao cinema desde a emigración

A nova edición do ciclo de cine "Olladas de muller" presta atención ao cinema das diásporas. "Propón unha viaxe polo cinema feito por mulleres que narran a emigración desde a súa propia experiencia ou desde a memoria doutras que marcharon. Durante moito tempo, a imaxe da muller emigrante estivo marcada por estereotipos: sacrificio, espera, subalternidade. Estas películas cambian esa mirada: aquí a muller é autora, é ollada e voz, e transforma o xeito de contar historias", explican as comisarias da edición, Beli Martínez e Keina Espiñeira. O ciclo está promovido polo Consello da Cultura Galega e o Centro Galego das Artes da Imaxe, e este ano organízase no contexto da exposición "Emigrantas", que o CCG inaugurará o 11 de marzo no Quiosco Alfonso da Coruña. Precisamente alí se celebrarán as sesións, entre o 10 de marzo e o 13 de marzo. 

O ciclo "Olladas de muller" está organizado este ano a partir de catro sesións. A primeira, o 10 de marzo, aborda as Etnografías urbanas, cos filmes Bowery NY (Tini de Andrés, 1972) e Anima Urbis (Xisela Franco, 2010). A segunda sesión, o 11 de marzo, detense nas Identidades e memoria no capitalismo con 1977 (Peque Varela, 2007), Gato encerrado (Peque Varela, 2010), La memoria interior (María Ruído, 2002), Naoko (Aranxa Vicens, 2021) e Mariví, na pel da memoria (Laura e Coral Piñeiro, 2022). A terceira das sesións celebrarase o 12 de marzo e proxecta de xeito monográfico A cicatriz branca (Margarita Ledo, 2012) e por último  o 13 de marzo aborda a comunicación interxeracional na diáspora con Cienfuegos 1913 (Margarita Ledo, Belkis Vega, 2008), Ata pronto, adeus, Segundo II (Anita Pico, 2024) e Memorias de ultramar (Carmen Bellas e Alberto Berzosa, 2021). 

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Diáspora, Beli Martínez, Keina Espiñeira...