A coincidir coa celebración do 8 de marzo, o Centro Galego de Artes da Imaxe e mais o Consello da Cultura Galega programan unha nova xeira do ciclo cinematográfico Olladas de muller. Os fillos da vide de Ana Domínguez abre este 3 de marzo na Filmoteca en Galicia (A Coruña) este programa, que amplía a súa duración a sete días e se prolongará ata o vindeiro día 10. A proposta inclúe proxeccións como as de Esquece Monelos, de Ángeles Huerta, Arima, de Jaione Camborda, ou a curtametraxe As mulleres co mundo na cabeza, de Encarna ou unha sesión a lembrar a figura de Concepción Arenal co telefime Concepción Arenal, la visitadora de cárceles da galega Zenit Comunicación. O ciclo abre tamén unha liña de traballo para atender producións francesas e portuguesas. Entre as primeiras recupéranse traballo do colectivo "Les Insoumuses" como son Maso et Miso Vont en Bateau (1976), S.C.U.M. Manifesto 1967 (1976) ou Sois belle et tai-toi (1976). Da banda lusa, poderá verse Colo, de Teresa Villaverde ou Extinção de Salomé Lamas.
Canda a esta, a outra grande cita audiovisual sobre mulleres neste mes é a cuarta edición do Mufest. O Festival de Cine Feito por Mulleres bota a andar este 10 de marzo e desenvolve ata o vindeiro día 14 un programa no que se inclúe un encontro de festivais femininos, as proxeccións das longametraxes Hotel explotación, Tiempo suspendido, Hijas de Cynisca e Todas as mulleres que coñezo canda a unha quincena de curtas na sección oficial. Unha mesa de debate sobre o sector audiovisual galego desde a perspectiva de xénero e unha festa final con Pan sen Fron e A Banda da Loba fan parte da prposta, que inclúe tamén obradoiros formativos e outras actividades.