Adivina Producións presenta Inevitable no Festival de Cine de Málaga

Somos gente honrada tivo boa acollida de crítica

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Adivina Producións presenta Inevitable no Festival de Cine de Málaga

Se onte foi o día da presentación de Somos xente honrada o último filme de Vaca Films que tivo boa acollida de crítica (na sesión deste mércores mantén dous pases), hoxe Adivina Producións está en Málaga presentando Inevitable. A produtora Susana Maceiras, a actriz Mabel Rivera e o director Jorge Algora estiveron explicaron a característica dun filme que definiron como “un filme de mulleres que se apoia na dramaturxia da obra orixinal”. A presentación do filme inclúe tamén un concerto de Berrogüeto, que alén dos seus temas, interpretou o tema principal do filme. A cita, unha referencia do cine español, desenvolvese ata o sábado na capital andaluza.

Canda estes títulos, hoxe anúnciase a chegada a salas en Madrid e Barcelona de Drako, un filme rodado entre Galicia, París e Berlín cun amplo elenco galego. É o segundo filme de Francisco Brives que aborda o tema do maltrato homosexual. O filme está producido por O Grelo Producciones e chegará ao cinema en verán.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O momento do público

O momento do público

O filme Somos gente honrada convírtese na gañadora da XII Edición dos Premios Mestre Mateo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Málaga, Jorge Algora, Mabel Rivera...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos