O momento do público

O filme Somos gente honrada convírtese na gañadora da XII Edición dos Premios Mestre Mateo

Homenaxe a Xosé Manuel Olveira
Homenaxe a Xosé Manuel Olveira "Pico" na gala dos XII Premios Mestre Mateo. Foto: AGA
Seis galardóns recibiu a película Somos gente honrada, de Vaca Films e El Terrat, na XII edición dos Premios Mestre Mateo, que se celebraron na Coruña. A produción, dirixida por Alejasndro Marzoa, convertiuse na gran gañadora dunha edición que reivindicou o papel do público que, en palabras de Antonio Mourelos, presidente da Academia Galega do Audiovisual, "vostedes dan verdadeiro sentido ao que facemos".



En concreto, Somos xente honrada gañou o premio a mellor longametraxe, a mellor dirección, para Alejandro Marzoa, mellor guión, para Miguel Ángel Blanca e Alejandro Marzoa, para mellor interpretación masculina protagonista, para Miguel de Lira, mellor interpretación masculina de reparto, para Ricardo de Barereiro e mellor maquillaxei e perruquería, para Susana Veira e Erea Pérez.



Encallados recibiu o galardón a mellor película para TV, para a produtora Zircozine, a mellor dirección de fotografía, para Alberto Díaz "Bertitxi" e a mellor montaxe, para Adrián Pino.



Pola súa banda, Salgadura recibiu os premios a mellor vestiario (María Gil e Sonia Segura), Son, para David Machado, Dani Zacarías e Enric Triviño, e dirección de arte, para Marta Villar.



A serie Era visto! obtivo o galardón a mellor serie de TV para Produciósn Zopilote para TVG e a mellor interpretación feminina de reparto, para Isabel Risco.



A TV Movie Todos os santos, mellor interpretación feminina protagonista para Isabel Blanco e a mellor dirección de produción, para María Liaño.



Zeitun films fíxose co galardón a mellor documental por Costa da Morte

Resto de galardoados [Fonte: Academia Galega do Audiovisual]

Luar. Comunicador de TV, para José Ramón Gayoso Bonigno

ZigZag Diario. Programa TV, de TVG

Entre pipas. Serie Web, de Cassinello Arias Rizzi

3-1=0. Curtametraxe de imaxe real, de Olga Osorio e Juan Galiñanes en coprodución con Píxel Films

Aqua, de Algarabía Animación. Curtometraxe de animación

Estrella Galicia Feliz 2013, de Algarabía Animación. Anuncio publicitario

Canto de Sirena, de Piti Sanz, Mellor Videoclip

Inevitable. Música orixinal, para Berrogüeto

Galegos no mundo. Realización, para Mónica Ares, Toño López e Isabel Caamaño