Foto: Academia Galega do Audiovisual
A Academia Galega do Audiovisual presentou en Lugo a ampla programación de actividades que se desenvolverán durante os meses de febreiro e marzo como antesala da gala dos Premios Mestre Mateo que terá lugar na cidade e por vez primeira nesta provincia. Co obxectivo de implicar á audiencia no transcurso dos galardóns e reforzar o vínculo do audiovisual galego cos seus espectadores, por primeira vez nos Premios Mestre Mateo na decisión dun dos premios o público terá a oportunidade de votar pola súa película favorita de entre todas as finalistas.
O vindeiro 3 de febreiro, desde O Vello Cárcere, daranse a coñecer os finalistas desta edición dos Premios Mestre Mateo, un dos momentos máis esperados do audiovisual galego. Por primeira vez, o público poderá asistir á lectura de finalistas, que correrá a cargo do comunicador Juan Fuentes, coñecido por presentar o programa Quen anda aí? e gañador do Premio Mestre Mateo a Mellor Comunicador, e a actriz Andrea Fernández. Nesta edición rexistráronse 186 producións inscritas, unha cifra que consolida o alto nivel de participación do audiovisual galego nos últimos anos, tras o récord acadado na pasada convocatoria. Destaca especialmente o máximo histórico de profesionais inscritos, cun total de 565 candidaturas, o que supón un novo fito na traxectoria dos Premios Mestre Mateo. A longametraxe gañadora do Premio Especial do Público darase a coñecer xunto cos premios especiais á promocion da lingua e ao fomento da sostibilidade, na tradicional Xuntanza de Finalistas previa á gala, que neste ocasión terá lugar o día 6 de marzo no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL).
Programación especial na cidade
Unha vez coñecidos os finalistas, o público de Lugo terá a posibilidade de asistir ás proxección das longametraxes e documentais finalistas nos Cines Códex, que contarán coa presentación dos equipos das obras. As sesións serán gratuítas, de acceso libre ata completar capacidade e celebraranse os días martes 10, mércores 11, mércores 18, xoves 19, martes 24 e mércores 25 de febreiro, así como os días martes 3 e mércores 4 de marzo ás 19 horas. A guionista Clara Coira será a encargada de moderar os coloquios cos equipos dos filmes. O público asistente a estas proxeccións poderá participar na iniciativa Pasaporte Mestre Mateo, coa que recibirán un agasallo oficial e unha entrada de acceso ao espectáculo especial para seguir a gala do 21 de marzo.
Ademais de poder ver en pantalla grande as obras finalistas, o público de Lugo tamén poderá coñecer de primeira man secretos e aspectos ocultos da gala da man dos seus protagonistas en sendos encontros. O 20 de febreiro, no salón de actos da Deputación de Lugo, os responsables de organización e prensa da gala falarán dos aspectos máis descoñecidos e interesantes da organización interna do evento nunha charla titulada «Detrás dos Premios Mestre Mateo».