Cultura e Academia renovan a súa colaboración para os Mestre Mateo

A gala, que se emitirá por Televisión de Galicia, terá lugar no mes de marzo

16/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Os máximos representantes da consellaría de Educación, o conselleiro Jesús Vázquez e o seu secretario xeral, Anxo Lorenzo, reuníronse onte coa xunta directiva da Academia Galega do Audiovisual para renovar o convenio de colaboración para a organización dos premios Mestre Mateo. Os premios, que recoñecen os mellores premios do audiovisual galego, entregaranse o vindeiro mes de marzo. A Televisión de Galicia emitirá esa gala.

Hai uns días, o web da Academia Galega do Audiovisual publicaba a relación de candidaturas aceptadas. Agora, os diferentes socios da Academia están a votar esas producións ata o día 31 e a mediados de febreiro coñeceranse os candidatos das diferentes categorías.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Televisión de Galicia, Academia Galega do Audiovisual, Anxo Lorenzo, Educación...