Son os premios máis importantes do audiovisual galego. Os Mestre Mateo comezan a conta atrás coa publicación das Bases a cargo da Academia Galega do Audiovisual. 26 categorías para premiar as mellores longametraxes, películas, series e programas para televisión, documentais, curtametraxes de ficción e animación, obras experimentais, publicitarias e interactivas así como o traballo dos profesionais. O prazo estará aberto ata o 2 de xaneiro e os galardóns entregaranse no transcurso dunha galega no mes de abril. Ademais, haberá premios honoríficos e tanto a designación como denominación destes galardóns especiais estarán fixados polo criterio da Xunta Directiva da Academia.
O calendario dos Premios Mestre Mateo 08
Ata o 2 de xaneiro: recepción de candidaturas.
19 de xaneiro: publicación de candidaturas aceptadas e ábrese o prazo de alegacións de socios.
23 de xaneiro: péchase o prazo de alegacións.
29 de xaneiro: publicación das candidaturas definitivas presentadas.
11 de febreiro: envío de papeletas para a primeira rolda de votacións.
2 de marzo: finaliza o prazo de recepción de papeletas de votación no notario.
12 de marzo; publicación dos finalistas.
13 de marzo: envío de papeletas para a segunda rolda de votacións.
1 de abril: fin do prazo de recepción de papeletas de votación no notario.
Abril 2009: Gala de Entrega