Os Mestre Mateo 08 entregaranse o 30 de abril en Pontevedra

A gala será retransmitida por Televisión de Galicia en falso directo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A gala de entrega dos premios do audiovisual galego, os Mestre Mateo, terá lugar en Pontevedra o vindeiro 30 de abril. Así o confirmou María Bouzas, presidenta da Academia Galega do Audiovisual (AGA), entidade que concede estes galardóns. Mentres tanto, o sitio web da AGA ofreceu un listado de listaxe definitivo de candidatos. En total, presentáronse 148 producións ás 25 categorías establecidas desta edición. A gala, que retransmitirá a TVG cuns minutos de atraso, estará dirixida por Jorge Coira con guión de Carlos Portela.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Televisión de Galicia, Carlos Portela, Jorge Coira...