Ferrol acollerá o vindeiro dÃa 15 a gala de entrega dos premios máis importantes do audiovisual galego, os Mestre Mateo. Un certame do que xa se coñece un gañador. É Ernesto Chao ao que a Academia Galega do Audiovisual lle acaba de conceder o seu Premio de Honra Fernando Rey. Ademais, a presidenta desta entidade, MarÃa Bouzas, anunciou que do 7 ao 13 de abril terá lugar a Semana do Audiovisual Galego para “crear expectación” sobre os gañadores. Un total de 60 localidades ofertarán diferentes proxeccións e contarán coa presenza dun membro do equipo das producións finalistas nesta edición. Os que non poidan velo no teatro Jofre poden facelo na Televisión de Galicia, que emitirá en falso directo a gala.