Trinta localidades participarán na Semana do Audiovisual Galego

A exhibición dos traballos finalistas terá lugar do 20 ao 25 de abril

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O vindeiro 30 de abril terá lugar a gala de entrega dos premios Mestre Mateo. Como antesala, a Academia Galega do Audiovisual organiza cada ano un circuíto no que o público puidese ver os finalistas desa edición. Nesta ocasión, esa semana de exhibición (coñecida como Semana do Audiovisual Galego) terá lugar entre o 20 e 25 de abril. Segundo figura no web da Axencia Audiovisual Galega, que presta salas da súa rede de exhibición Cinemas dixitais, serán trinta localidades as que formen parte do itinerario.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Axencia Audiovisual Galega, Premios Mestre Mateo, Academia Galega do Audiovisual