Os novenos premios Mestre Mateo entregaranse en Ourense por primeira vez

A cita terá lugar o 16 de abril

4/10/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O vindeiro 16 de abril terá lugar a novena gala dos premios Mestre Mateo. E a cita co audiovisual será en Ourense. Así o anunciou o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Xosé Manuel Olveira "Pico", no marco da celebración do Festival de Cine de Ourense. É a primeira vez que este galardón, que recoñece as mellores producións audiovisuais realizadas en Galicia, se concede na cidade da Burgas.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Premios Mestre Mateo, Manuel Olveira, Xosé Manuel Olveira...