Increméntase o número producións audiovisuais que optan aos Mestre Mateo 10

Presentáronse 130 traballos fronte aos 101 da edición anterior

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Se no ano 2010 foron 101 as producións presentadas aos premios do audiovisual galego, os Mestre Mateo, en 2011 os traballos incrementáronse un 28%. En total, son 130 as producións que se presentan a estes premios que inician agora a súa primeira fase de votacións. Para Xosé Manuel Olveira, “Pico”, presidente da Academia Galega do Audiovisual, este incremento débese ao traballo desenvolvido por V Televisión. De feito, no apartado de programas para televisión hai 36 traballos presentados, mentres que no de obra publicitaria 17. Os premios entregaranse en Ourense en abril, nun formato de gala que se decidirá este venres, no marco dunha asamblea extraordinaria que convocou a Academia Galega do Audiovisual.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Academia Galega do Audiovisual, Xosé Manuel Olveira, Manuel Olveira, Ourense...