A gala dos Mestre Mateo revisarán a historia do audiovisual galego

A Academia adianta os seus encontros entre profesionais aos días previos da gala

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O 30 de abril, o Pazo da Cultura de Pontevedra converterase no epicentro do audiovisual galego. Será ese día cando se entreguen os Mestre Mateo, galardóns que recoñecen os mellores traballos e interpretacións do audiovisual do último ano. A gala estará dirixida por Jorge Coira, con guión de Carlos Portela e presentada por Sergio Zearreta. Como antelasa da gala, a Academia Galega do Audiovisual organizará dúas actividades: dunha banda a tradicional Semana do Audiovisual Galego, que dará a coñecer por diferentes localidades os traballos finalistas e, da outra, as xornadas de reflexión e debate entre profesionais e académicos. Os Encontros da Academia convértense nos Encontros Mestre Mateo e adiántanse aos días antes da gala. Os candidatos participarán nun total de 11 coloquios nos que achegarán a súa experiencia a alumnos de diferentes centros docentes.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Portela, Jorge Coira, Guión, Academia Galega do Audiovisual...