A Coruña celebrará do 8 ao 13 de marzo a III Semana do Cinema Galego, situándose durante seis dÃas no epicentro da actividade cinematográfica do territorio xusto antes de celebrar na cidade a XXª gala dos Premios Mestre Mateo, o dÃa 19 de marzo. O audiovisual galego exhibirá as súas producións máis recentes e recoñecidas da man dos profesionais do noso cinema, dos equipos artÃsticos, nunha cita consagrada, na súa totalidade, ao talento máis próximo. A alfombra vermella lucirá no Teatro Colón para dar a benvida a unha coidada programación conformada polas mellores longametraxes e documentais do último ano. Concretamente, proxectaranse os traballos finalistas dos Premios Mestre Mateo 2022 que concede a Academia Galega do Audiovisual, traballos que darán boa conta do talento do paÃs. Os propios equipos artÃsticos dos filmes presentarán os seus proxectos no recinto coruñés. A Academia Galega do Audiovisual coordina este proxecto no que conta co apoio do Concello da Coruña e a Deputación provincial.
A tesoureira da Academia Galega do Audiovisual, a actriz Carmen Méndez, acompañada polo deputado provincial de Cultura, Xurxo Couto, e polo edil de Relacións Institucionais e Turismo do Concello da Coruña, Juan Ignacio Borrego, presentou esta terceira edición, coa que a AGA quere consolidar a Semana do Cinema Galego como a gran celebración non competitiva da tempada do cinema do paÃs. Coa ollada posta en citas como Málaga, Cannes ou Venecia, a intención da Academia é impulsar un punto de encontro para público e artistas, incorporando tamén a cidade como un dos seus escenarios principais. Carmen Méndez presentou a nova imaxe e o vÃdeo promocional da iniciativa e avanzou que a actividade desta III Semana do Cinema Galego incorpora, alén dos filmes finalistas dos Mestre Mateo, dúas pelÃculas especiais que se proxectarán tanto na inauguración coma na clausura da mostra.
Ciclo Mestre Mateo
Con posterioridade á entrega dos XX Premios Mestre Mateo do audiovisual galego comezará en salas de toda Galicia o Ciclo Mestre Mateo, unha iniciativa que nace da colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas. Unha iniciativa grazas á cal as producións finalistas dos Premios Mestre Mateo viaxarán a vinte concellos espallados por toda Galicia. As proxeccións empezarán despois da gala dos Mestre Mateo, que terá lugar o vindeiro 19 de marzo. Celebrarase de xeito simultáneo en todas as localidades cunha periodicidade mensual, exceptuando os meses de xullo e agosto, e a entrada ás mesmas será de balde. Toda a información sobre programación, horarios e salas estará dispoñible na web ciclomestremateo.gal.