
A programación botará a andar co documental 'Salvaxe, salvaxe', de Emilio Fonseca, que se exhibirá o mércores 26 ás 19.30 horas, tras a inauguración oficial do ciclo. Ese mesmo dÃa tamén se proxectará 'As Neves', a obra de Sonia Méndez que conseguiu o premio a Mellor Longametraxe nos recentes XXIII Premios Mestre Mateo. Unha intriga que segue a un grupo de adolescentes nunha vila de montaña onde todos se coñecen. O xoves ás 19:30 horas será a quenda de 'Aurora', un documental dirixido por Area Erina que segue a Aurora e Area, mulleres achegadas de mundos totalmente dispares e con gran diferenza de idade entre elas, que establecen unha forte relación de intimidade, confianza e profundas conversacións ligadas á morte, a familia, a guerra e o papel da muller.
Na segunda sesión do xoves ás 21:30 horas proxectarase 'Prefiro condenarme', o documental dirixido por Margarita Ledo que conta a historia de Sagrario, mariscadora na rÃa de Ferrol, que confronta cunha nai dÃscola, unha órbita familiar en perpetuo desasosego e un xuÃzo por adúltera aos 33 anos, en 1972, por mor dunha filla que ten co seu amante, un carpinteiro "digno de querer". O venres 28 de marzo ás 20.00 horas será a vez de '+ Cuñados', a comedia de Luis Avilés protagonizada por Federico Pérez, Xosé A. Touriñán e Miguel de Lira que segue as novas aventuras dos cuñados máis famosos do audiovisual galego, esta vez, no Entroido. Despois será a proxección 'Filmei paxaros voando', o documental de Zeltia Outeiriño gañador do Premio Mestre Mateo a Mellor Documental. A realizadora, despois de 20 anos vivindo en Barcelona, volta a Galicia para filmar a memoria do seu admirado tÃo Antonio, un artesán téxtil galeguista gai que viviu intensamente nos anos 80. Un camiño de volta a casa complexo, pero tamén cheo de amor, coidados e sanación.
A última xornada comezará o sábado coa proxección de Honeymoon ás 20.00 horas. Dirixido por Enrique Otero e protagoniza por Javier Gutiérrez, Nathalie Poza e MarÃa Vázquez, é foi un dos tÃtulos con máis candidaturas finalistas aos Mestre Mateo. A última sesión será o sábado ás 22.00 horas coa proxección da intriga 'Xustiza Artificial', de Simón Casal. A pelÃcula relata un escenario no que o goberno anuncia un referendo para aprobar un sistema de Intelixencia Artificial na Administración de Xustiza que promete automatizar e despolitizar a xustiza substituÃndo, na práctica, aos xuÃces e xuÃzas en todos os tribunais do paÃs.