O novo Auditorio Fuxan os Ventos, de Lugo, acollerá a gala da XXIV edición dos Premios Mestre Mateo o vindeiro 21 de marzo de 2026.Asà o anunciou hoxe a Academia Galega do Audiovisual nunha rolda de prensa celebrada nese mesmo espazo e, na que participaron , ademais de membros da academia, Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo; Iria Castro, deputada provincial de Cultura; Rubén Arroxo, tenente alcalde do Concello de Lugo; e Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua. Esta celebración supón un fito ao será primeira vez que a entrega destes galardóns da excelencia audiovisual galega se dan na provincia de Lugo, a única na que aÃnda non tivera lugar ningunha gala nestes vintetres anos de edicións. A deputada provincial de Cultura, Iria Castro, cualificou o anuncio de "dÃa histórico para Lugo". e quixo lembrar que Lugo, "a pesar de ser periferia da periferia", é lugar de orixe de moitas figuras do audiovisual coma os irmáns Coira, Melania Cruz, Margarita Ledo ou de Carmen Méndez.
O camiño cara á gala arrinca no próximo mes de outubro de 2025, cando se abrirá o prazo de inscrición de obras. A finais de xaneiro de 2026 coñeceranse as finalistas en cada categorÃa e en febreiro terá lugar a tradicional Xuntanza de Finalistas e darase a coñecer o Premio de Honra Fernando Rey. Xa en marzo, Lugo converterase na capital do audiovisual galego con diferentes actividades paralelas que se desenvolverán na cidade nos dÃas previos á gala, e que se darán a coñecer nas vindeiras semanas. Os premios, que recoñecen a excelencia do audiovisual galego, supoñen unha oportunidade para visibilizar o talento, a creatividade e a diversidade de proxectos que se realizan no noso paÃs. Nesta edición prevese a participación de arredor de 200 profesionais e a implicación de máis de 50 empresas privadas, consolidando o evento como o gran escaparate da colleita do audiovisual galego, que nos últimos anos acadou unha notable presenza en festivais internacionais e unha gran repercusión tanto dentro como fóra de Galicia.