Os XII Mestre Mateo revelan os seus finalistas

A gala de entrega celebrarase o 12 de abril na Coruña

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Somos xente honrada, o filme de Alejandro Marzoa producido por Vaca Films, preséntase como favorita na XII Edición dos Premios Mestre Mateo ao acumular 13 candidaturas. A Academia Galega do Audiovisual daba a coñecer esta mañá os traballos aspirantes aos seus galardóns anuais, que se fallarán o vindeiro 12 de abril na gala que transcorrerá en Palexco, na Coruña. Logo da produción favorita, destaca a serie Luci, de Portocabo e a TVG, con opcións a nove estatuas, e mais Era visto! de Zopilote con oito. A película para TV Salgadura, de Continental, Dream Team, TVG e TV3 é a cuarta proposta con máis candidaturas, sumando un total de seis.

Na categoría Mellor Longametraxe chegaron á final 9 ondas, El árbol magnético, Inevitable e mais Somos gente honrada.

Como mellor Película para TV compiten Encallados, Salgadura, Tilda y Jean e mais Todos os Santos.

No apartado documental son finalistas Costa da morte, A pegada dos avós, Toñito Blanco só, perdido e vicioso e mais A última viaxe do afiador.

En canto a series de televisión optan ao premio Era visto!, Gran Hotel, Luci e mais Padre Casares.

As series web finalistas neste ano son Canillejas, Entre pipas, Joke Business e El quid.

Ao premio a mellor programa de televisión aspiran A casa Conexa, Galegos no mundo, Luar e >ZigZag Diario.

En total, presentáronse ás 26 categorías desta edición dos galardóns 155 obras audiovisuais, 140 produtoras e 429 profesionais, entre os cales os membros da Academia votaron estes finalistas.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

O momento do público

O momento do público

O filme Somos gente honrada convírtese na gañadora da XII Edición dos Premios Mestre Mateo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, TVG, Portocabo, PALEXCO...