Ata o 15 de marzo está aberto o prazo de admisión de curtametraxes da décima edición do Festival de Cans. Unha cita que mantén as mesmas categorÃas e a dotación económica dos seus premios (6.200 euros para curtametraxes de ficción, de animación e videoclips) malia o contexto económico. A Asociación Cultural Arela, organizadora deste encontro, “está agora tratando de concretar as axudas que recibirá da administración galega, ademais de procurar novos apoios privados e abrir novas vÃas de financiamento” segundo explican nunha nota de prensa. En 2012 o festival deixou de recibir a axuda do Ministerio de Cultura que, recortou á metade as súas axudas a este tipo de encontros.
Cans segue a apostar polos traballos galegos asà como a fusionar audiovisual e música. Tanto público como profesionais seguirán a conceder os seus premios para curtas de ficción e animación. Ademais, segundo a organización, pretende fomentar a estrea de traballos alà polo que “valorará especialmente a presentación de curtametraxes aÃnda non estreadas en Galicia nin en internet, aÃnda que este non é un requisito imprescindible”. Reserva as seccións fóra de concurso para outros formatos como documentais ou webseries. A cita terá lugar do 22 ao 25 de maio.