Alfonso Castaño asume a dirección do Festival Primavera do Cine

O encontro celebrará entre o 5 e o 14 de maio a súa sexta edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Alfonso Castaño asume a dirección do Festival Primavera do Cine

O Festival Primavera do Cine celebrará este mes de maio a súa sexta edición en Vigo con novo equipo á fronte dentro da empresa Reencanto Producións. Alfonso Castaño presentábase este 3 de febreiro como director do evento, en substitución de Juan de Castro, que dimitiu por "diferenzas insalvables" co equipo fundador. Do mesmo xeito que en anos anteriores, a nova xeira contará con tres categorías a concurso, curtametraxe, longametraxe e videoclip, e cunha sección específica dedicada á lusofonía e outra para animación. Ata o vindeiro 5 de marzo está aberto o prazo de presentación de filmes para o encontro, que se celebrará entre o 5 e o 14 de maio.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Animación, Lusofonía, Vigo

Claves

Lugares