Federico Fernández (Fredi) incorpórase a Atalaia

Acadou o Premio Nacional de Ilustración no 2001

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Federico Fernández, Fredi. Ideas. 2010. Acrílico sobre papel.

Federico Fernández, Fredi. Ideas. 2010. Acrílico sobre papel.

Federico Fernández (Fredi) (Vigo, 1972) é o novo artista incorporado aos contidos da canle de arte contemporánea ATALAIA. Formouse na Facultade de BB.AA. de Pontevedra. Acadou o Premio Nacional de Ilustración no ano 2001, polo seu traballo para o libro Onde perdeu Lúa a risa?, editado por Kalandraka. En palabras de Javier Díaz Buján -director da Fundación Laxeiro, Vigo-, "Fredi desenvolve unha actitude de pintor urxente que, malia a acidez da influencia punk, conserva un candor que lle permite recuperar, conservar e actualizar unha mirada infantil". Na actualidade é un dos dinamizadores do espazo alternativo El Halcón Milenario, en Vigo.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Atalaia, Laxeiro, Fundación Laxeiro...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares