O catalán Javier Pastor gaña o premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración

O premio está dotado con 1.500 euros

17/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Foi a “forza visual e o uso moi expresivo do colaxe dixital” o que, en palabras do xurado, lle valeu a Javier Pastor Díaz (Barcelona, 1974) o premio Pura e Dora Vázquez de ilustración. Presentábanse sesenta obras a concurso e destacou a súa “pola composición con gran dinamismo” así como “a modernidade e o cromatismo da ilustración”. O galardón está dotado con 1.500 euros e servirá para ilustrar o texto gañador do premio homónimo, pero na categoría de narración infantil e xuvenil. De feito, nas bases dise que a ilustración proposta debe tomar como base o texto premiado na modalidade de narración desta edición.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona

Claves

Lugares