O escritor e editor Francisco Castro (Vigo, 1966) é o gañador do XIX Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez, na modalidade de narración, pola súa obra 'Xoán, Xoana', presentada a este certame baixo o pseudónimo de Paul Breson. O xurado do galardón destaca a "excelente calidade" literaria dun texto no que se observa "un gran equilibrio entre os diálogos e a narración", sinalando ademais "a achega de valores interesantes" ao tratar un tema de plena actualidade como "a reafirmación de identidade na adolescencia". Convocado pola Deputación de Ourense, o Premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez está dotado 1.500 euros. Unha vez fallada a modalidade de narración, a partir de hoxe mesmo e ata o 30 de setembro queda aberto o prazo para a presentación de orixinais na modalidade de ilustración, que co mesmo premio ten por obxectivo complementar con imaxes a narración.
No seu fallo, o xurado tivo en conta "o bo manexo do rexistro de personaxes e do ritmo narrativo", asà como o feito de que "a obra potencia dende o principio o interese por coñecer o final e por saber que vai pasar". No relativo á temática, o autor "dá visibilidade aos aspectos de xénero, que trata con naturalidade nun contexto educativo, e dá voz á diversidade", sinala o xurado. Xoán, Xoana aborda unha cuestión que, nestes contextos, "produce as veces situacións de conflito como é o acoso a través do fútbol e nos patios de recreo", ademais de reflectir un problema "que se presenta, tanto entre os nenos como cos adultos; no colexio, e na familia". Para o xurado, o texto gañador achega valores interesantes "coma a perseveranza e a loita, pero tamén o respecto, a empatÃa e a integración, asà coma a necesaria convivencia en sociedade". Unha historia que provoca que o lector "empatice cos que son diferentes e nos pon a todos ante o espello".