Ánxela Gracián gaña o Pura e Dora Vázquez de literatura infantil e xuvenil

Agora ábrese o prazo do concurso de ilustración sobre a obra gañadora

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A obra As historias da Ogra Pinta, da escritora de Castroverde Ánxela Gracián, fíxose co XV premio de literatura infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez" na modalidade de narración. O certame está convocado pola Deputación de Ourense e que está dotado con 1.500 euros. O xurado sinalou que a obra "transmite valores sociais moi importantes, como é o de non ter prexuízos iniciais sen ter pleno coñecemento das cousas". A obra recolle "pequenas historias de aventuras que viven os rapaces dunha pequena aldea galega". A peculiaridade deste certame é que agora se abre o prazo do XV Premio "Pura e Dora Vázquez" na modalidade de Ilustración, que se convoca especificamente para ilustrar a obra narrativa premiada. O prazo de entrega finaliza o 3 de setembro.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Gracián, Literatura, Narrativa, Deputación de Ourense

Claves

Protagonistas
Lugares