Montserrat Pis gaña o premio Pura e Dora Vázquez de narración

O galardón está dotado con 1.500 euros

25/2/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Dos estranos ollos de Damaluar e das aventuras que lle sucederon o día que desapareceron as súas zapatillas é o longo título da obra que lle valeu á compostelá Montserrat Pis Vázquez facerse co XIII Premio Puro e Dora Vázquez de Narración. A autora desenvolveu, segundo o xurado, "dunha historia extraordinaria, que transmite moita tenrura, e ten unha vertente educativa moi interesante na que os personaxes transmiten importantes valores". Ademais, apuntou que "a narrativa, coloquial pero con cultismos, e o xénero fantástico, que denota unha autoría literaria avezada". O premio está dotado con 1.500 euros. Ábrese agora o prazo de presentación para o premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración, no que os aspirantes deben presentar propostas para ilustrar esta obra.

O xurado desta edición do Premio Pura e Dora Vázquez de Narración estivo presidido polo deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, e integrado como vogais por José Manuel Fernández López, Carlos Rodríguez Calvo, Mario González Sánchez e Xosé Manuel Cid Fernández, con Ana María Malingre Rodríguez como secretaria.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Xénero, Xosé Manuel Cid, Manuel Doval

Claves

Conceptos