Quico Pérez Villanueva gaña o Pura e Dora Vázquez de ilustración

O autor ilustrará a obra gañadora do galardón de narrativa

28/4/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

O noiés Francisco Pérez Villanueva "Quico" impúxose na XIII edición do Premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración. As súas propostas para iluminar o texto gañador do certame homónimo de narrativa foron seleccionadas polo xurado debido á súa "orixinalidade e creatividade especiais" e a que "denotan unha grande imaxinación do autor e ademais teñen unha grande calidade artística, cunhas tonalidades moi agradables á vista e que combinan moi ben coa historia que ilustra". O libro de Montserrat Pis Marcos, titulado Dos estranos ollos de Damaluar e das aventuras que lle sucederon o día que desapareceron as súas zapatillas sairá publicado coas ilustracións de Quico, quen ademais recibirá un premio de 1.500 euros en metálico.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa

Claves

Conceptos