Luis Antonio Pérez gaña o Pura e Dora Vázquez de narrativa

O trasno de Bóveda e a chave máxica impúxose na XI edición do galardón

30/1/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O XI Premio Pura e Dora Vázquez de Narrativa, que convoca a Deputación de Ourense, foi para Luis Antonio Pérez pola súa obra O trasno de Bóveda e a chave máxica. O xurado destacou "o despregue imaxinativo e a súa adecuación tanto para o público infantil como xuvenil" do libro gañador. O galardón, dotado con 1.500 euros en metálico, completarase coa convocatoria do premio Pura e Dora Vázquez de Ilustración. Os interesados en participar recibirá unha copia do traballo de Pérez e deberán facer as súas propostas para ilustrar, opotando a outro galardón de 1.500 euros.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Narrativa, Deputación de Ourense, Ourense

Claves

Conceptos
Lugares