María Villarino gaña o Pura e Dora Vázquez de ilustración

Ilustrou o texto gañador da modalidade literaria

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A ilustradora ourensá María Villarino López fíxose co XV premio de literatura infantil e xuvenil "Pura e Dora Vázquez" na súa modalidade de ilustración. A ilustradora, que é docente de ensino secundario, tivo que realizar as ilustracións da obra gañadora da modalidade literaria do mesmo premio, As historias da ogra Pinta da escritora Ánxela Gracián. O premio está dotado con 1500 euros e editarase un libro co texto gañador e as ilustracións galardoadas polo xurado, que será empregado en campañas de animación á lectura.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Gracián, Animación, Literatura, Ensino

Claves

Protagonistas
Lugares