A fin de semana acabou coa concesión de dous galardóns a dúas ilustradoras ourensás. MarÃa Villarino López foi seleccionada no XVI premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez na modalidade de Ilustración, convocado pola Deputación de Ourense. O traballo da autora iluminará a obra Os outros oficios, coa que Rafa Villar obtivo o galardón na modalidade de narrativa e Villarino recibirá 1.500 euros. O xurado destacou que os deseños da autora "invitan ao pensamento e á reflexión e teñen un compoñente de misterio e imaxinación moi interesante" ao tempo que "se adaptan moi ben ao texto, sendo imaxes creativas cunha técnica pictórica moi depurada que demostra un bo coñecemento da historia da arte".
Pola súa banda, Manuela Elizabeth RodrÃguez fÃxose co galardón Compostela Ilustrada na segunda edición deste certame. Unha ilustración da Rúa do Vilar realizada na tarde do pasado xoves 7 de novembro valeulle facerse co premio que se entrega no marco do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe. A autora integrou nun único deseño dúas horas de actividade nun mesmo punto da rúa. O premio, patrocinado polo Café Casino, conta cunha dotación de 300 euros en metálico e un lote de produtos de debuxo.