800 alegacións reclaman a independencia do Museo de Pontevedra

Colectivos e particulares solicitan que a Deputación o manteña como organismo autónomo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A integración do Museo de Pontevedra na Deputación de Pontevedra, e a súa desaparición como organismo autónomo dependente desta entidade continúa a xerar unha ampla polémica. Onte presentaban alegacións no organismo provincial a prol da independencia do Museo a Asociación de Amigos dos Museos de Galicia, a Asociación Galega de Historiadores, o Ateneo de Pontevedra, a Aula Castelao de Filosofía, a Asociación Maio Longo ou a Fundación Filgueira Valverde, así como varios colectivos veciñais. Con estas, son xa preto de 800 alegacións que recibiu a Deputación de Pontevedra denunciando a mudanza no modelo do centro.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo de Pontevedra, Deputación de Pontevedra, Castelao, Filosofía...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares