Muller sentada. Carlos Maside. Oleo, 70x90
Foron os albaceas de Carlos Maside (Pontecesures, 1897- Santiago, 1958) quen cederon 21 das súas obras, entre as que hai pezas como Muller sentadas, Costureiras ou Lavandeiras ao Museo de Castrelos (trasladados recentemente á pinacoteca Fernández del Riego). E foi unha sentenza xudicial a que llos acaba de quitar. Os seus herdeiros recolleron e autentificaron as súas pezas para trasladalas ao Museo de Pontevedra. No medio houbo todo un proceso de negociación, no que o concello de Vigo chegou a facer unha taxación que fixaba en 700.000 euros o valor da colección. Agora, segundo aparece publicado en diferentes medios, os herdeiros negocian co Museo de Pontevedra a súa venda ou alugueiro. Mentres, este centro continúa co proceso de desaparición como organismo autónomo.